Zeta | Episodio 36

Na sección de Brais Romero conversamos con Andrea Villa, que desenvolve gran parte da súa carreira profesional en equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto ou Festival de Cine Internacional de Ourense. Tamén ten traballado como responsable de redes sociais do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, do que agora é programadora de actividades.

Na sección de Ana Abad, experta en artes escénicas, coñecemos á compañía Amorodio Teatro, de recente creación. Os seus compoñentes cóntannos como naceu a agrupación, as súas liñas de traballo ou as súas próximas estreas.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, onde afondamos no pasado dos nosos referentes culturais, a nosa compañeira Lucía Junquera descóbrenos que facía durante a súa mocidade Luciano Gómez, director do conservatorio de danza da Coruña.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share