Todas as colaboracións

A pintura vital de Correa Corredoira

Ata o 21 de xaneiro pode visitarse no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense a exposición ‘Lugar sen medida’, inspirada pola visita do artista a Namibia para crear unha rosa dos ventos similar á que ideou ao pé da torre de Hércules. A exposición inclúe máis de cen pinturas e debuxos que recollen a pulsión vital que caracteriza a obra de Correa, aquí representada polas imaxes de África, da natureza e os animais que a poboan, do erotismo e da viada.

‘Nocturnos’, arte para a memoria histórica

Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Nocturnos’, de Nicolás Combarro, que pode visitarse na galería Nordés de Santiago ata o 26 de xaneiro. Unha proposta que explora as arquitecturas de represión que someteron os republicanos españois na Península e en Francia. Cárceres e campos de concentración retratados en fotografías só parcialmente iluminadas, en gravados destas arquitecturas represivas sobre planchas de Vinc ou en esculturas realizadas con moldes de cascallos do antigo cárcere de Carabanchel. Unha mostra para iluminar o pasado a través dos espazos de violencia e represión.

Carla Souto expón ‘La primavera silenciosa’ na Coruña

Mónica Maneiro repasa a traxectoria vital e profesional de Carla Souto. A artista galega expón a súa primeira mostra individual ‘La primavera silenciosa’, na Galería Vilaseco da Coruña.

Balance artístico de 2023

Mónica Maneiro repasa o 2023 no ámbito da arte contemporánea en Galicia: o trixésimo aniversario do CGAC, a celebración do Ano Picasso, aperturas de novos espazos artísticos, o futuro do museo Carlos Maside ou a participación de Galicia na Porto Design Biennale. 

Dupla multiplica a súa proposta en ‘El cubo perfecto’

Mónica Maneiro comenta a última mostra da galería Dupla de Santiago, unha exposición colectiva na que participan oito artistas: Alba Galocha, Alberto Ash, Enay Ferrer, Iván Prieto, Lara Pintos, Lula Goce, Mario Soria e Mery Pais. As mostras de Dupla adoitan reunir dous artistas; a responsable da galería, Lucía C. Suárez, explícanos a idea detrás da proposta de ‘El cubo perfecto’.

Carta branca para Julia Huete na galería Nordés da Coruña

Mónica Maneiro fálanos da primeira exposición do novo espazo da galería Nordés na Coruña. A mostra inaugura o ciclo ‘Carta Blanca’ no que os artistas presentarán un proxecto con total liberdade creativa no que deben acompañalos outros dous creadores. Nesta ocasión é Julia Huete quen escolleu a Ánxel Huete e Kiko Pérez para ‘Autorretrato como gesto entre los dos’.

 

Sergio Marey, premio Auditorio de Galicia para artistas noveis

Mónica Maneiro comenta as obras galardoadas na décimo terceira edición do premio Auditorio de Galicia para artistas noveis. As 33 obras seleccionadas poden verse na exposición aberta no auditorio compostelán ata finais de febreiro. Conversamos con Sergio Morey, que gañou o primeiro premio coa obra ‘Cruceiro a Santa Librada e demais mártires disidentes’, unha peza que fala sobre a violencia contra o colectivo LGBTIQA+.

 

 

A mirada de Helmut Newton

Mónica Maneiro comenta a mostra ‘Helmut Newton. Fact & Fiction’, dedicada a este fotógrafo de moda nado no Berlín dos anos 20 e finado en 2004. A fotografía de Newton impulsou un cambio na imaxe das mulleres nos editoriais de moda, imaxes icónicas de mulleres frecuentemente sexualizadas pero tamén poderosas. Unha mirada masculina sobre as mulleres que así e todo si as plasma como suxeitos desexantes. Unha exposición da Fundación Marta Ortega que pode visitarse no peirao de Batería da Coruña ata maio de 2024.

‘Lo que no es’, mostra colectiva en Patio de Luz

Mónica Maneiro comenta a mostra da galería compostelá Patio de Luz, na que participan os artistas Iago Eireos, Manuel de la Rosa, Montse Rego, Ruth Vidal e Tuset.

 

Un percorrido pola mostra ‘Geometría Mundi’

Mónica Maneiro comenta ‘Geometría Mundi’, unha exposición retrospectiva dedicada o artista Luis Caruncho, finado en 2016 e renovador da arte galega nos anos cincuenta e sesenta. A exposición, comisariada por Juan de Nieves, pode visitarse n´Afundación da Coruña ata o 17 de febreiro.

Pin It on Pinterest