Todas as colaboracións

Viva o verán!: Así soa setembro

Matías Tarrío ponlle o ramo a este verán preparándonos para o mes de setembro. Lembramos a Raquel Pascual, a música catalá que foi vocalista do grupo Fromheadtotoe, finada hai uns días. Soan Airbag, Big Star e Los Enemigos. E unha canción galega deste verán, ‘O día que volvín nacer’, de Carlangas, Grande Amore e Mundo Prestigio.

Viva o verán!: música na praia

Matías Tarrío escolle hoxe cancións que nos levan á praia. Soan Neil Young, Righeira, Familia Caamagno, Crystal Fighters e El Pescaílla. Entre as propostas de cancións galegas deste verán, o ‘Vai tu’ de Baiuca a partir da peza de Leilía. 

Viva o verán!: entre Detroit e Rois

Seguimos explorando cancións de verán con Matías Tarrío. A colleita de hoxe inclúe a Nancy Sinatra & Lee Hazlewood, Nikki and the Corvettes, Pili Pampín, Amphetamine Discharge e Concha Velasco. E unha nova proposta para a nosa listasxe de cancións galega deste verán 2023: ‘As feridas do amor’, de Berto e Ash Diz. 

Matías Tarrio tráenos a terceira entrega de Viva o Verán!

O noso colaborador Matías Tarrio tráenos a terceira entrega de Viva o Verán! adicada á época estival. Desta quenda facemos un percorrido por bandas ou cancións que remiten ao verán ou algún verán en particular. 

Chega o segundo capítulo do “Viva o Verán”, a colaboración musical máis estival que fai connosco Matías Tarrío

O noso colaborador musical máis estival, Matías Tarrío, achéganos o segundo capítulo de “Viva o Verán“, a sección que adica á música do verán, aquela que fala desta época en tons positivos ou, nalgúns casos, non tanto.

En Derry, Irlanda do Norte, ó verán lévalle o seu tempo chegar, polo que os Undertones non eran tolos por miralo con tanto anceio. Con eles reanudamos esta calurosa viaxe que pasa por moitos máis artistas neste capítulo, dende Siniestro Total ata James Brown.

Repasamos con Matías Tarrío a cultura musical do verán dos 90

Repasamos con Matías Tarrío as cancións que marcaron os veráns dos anos 90. Cancións que falan de praia e de sol. Tarrío estrea a súa sección: Viva o Verán!

Matías Tarrío analiza a Idols: ‘The mask of masculinity / This is why you never see your father cry’

  • “The mask of masculinity / This is why you never see your father cry”
Viva Idles! é a nova colaboración de Matías Tarrio sobre a banda de Bristol da que reivindica o seu directo, as súas boas cancións e o seu poetente discurso.

Viva Lixo Urbano!

Viva Lixo Urbano! Matías Tarrio homenaxea ao selo compostelán no seu 25 aniversario.

Indagamos na orixe galega do músico de New Jersey Neal Casal

Indagamos na orixe galega do músico de New Jersey Neal Casal, falecido aos 50 anos. Matias Tarrío inaugura a nova temporada de colaboracións con este Viva Neal Casal!

Río Bravo percorrendo Galicia e o peche do Feito á Man, nos Concertos Escolleitos

 

De cando os alemáns Río Bravo percorrían Galicia nun camión de bombeiros ou de ‘rapeiros-peregrinos’ na crónica do concerto de peche do Festival Feito á man: cuarta entrega dos Concertos Escolleitos de Matías Tarrío.

 

Pin It on Pinterest