Todas as colaboracións

Un paseo artístico polo Pazo de Mariñán

Rosario Sarmiento lévanos ao pazo de Mariñán, no concello coruñés de Bergondo, para 
percorrermos o conxunto escultórico dos seus xardíns. 

Rosario Sarmiento comenta ‘Obxectos de desexo’

 

Visitamos con Rosario Sarmiento a exposición ‘Obxectos do desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020′. A mostra reúne 280 obras que evidencian a influencia do surrealismo en todos os ámbitos do deseño: do mobiliario á moda pasando polo cinema ou a fotografía.

 

As colaxes de Amparo Segarra e Esperanza Durán

Rosario Sarmiento comenta hoxe a mostra ‘Amparo e a súa amiga Espe’, que expón a Fundación Granell en Santiago. Un diálogo a través das colaxes das artistas Amparo Segarra e Esperanza Durán. 

Rosario Sarmiento comenta a mostra retrospectiva de Xaquín Marín

Percorremos con Rosario SarmientoVolta á orixe‘ e a exposición retrospectiva de Xaquín Marín que pode verse no Museo do Humor de Fene ata o 27 de xuño. 

O MARCO exhibe o Leiro antropomórfic

Rosario Sarmiento comenta a exposición ‘Francisco Leiro. O antropomórfico’, que pode visitarse no museo MARCO de Vigo ata outubro. A mostra reúne figuras de forma humana realizadas nas tres últimas décadas polo escultor cambadés, un dos nomes máis relevantes da arte contemporánea galega.

Fernández del Riego, nos vieiros da arte

Rosario Sarmiento lévanos ata a Pinacoteca Fernández del Riego, en Vigo, para visitar unha mostra que homenaxea a figura deste persoeiro co gallo do 10º aniversario do seu falecemento. ‘Francisco Fernández del Riego, nos vieiros de arte’ repasa a súa vida e obra dende os anos 30 ata o seu pasamento. 


 

A cámara das marabillas de Suso Fandiño

Rosario Sarmiento lévanos ao CGAC de Santiago para ver a mostra Wunderkammer,  do artista Suso Fandiño. O artista proponnos unha serie de percorridos e nexos pouco habituais que xeran relacións chocantes entre as obras. Un xogo aberto para o espectador, que poderá buscar os significados ocultos.

O Día Internacional da Arte non pasa por alto

O Día Internacional da Arte, que se celebrou o pasado 15 de abril por 10º ano, quizais pasou algo desapercibido entre as celebracións de Semana Santa. Rosario Sarmiento non perde a oportunidade de festexalo.

O efecto reliquia de Teresa Moro

Rosario Sarmiento condúcenos a través da mostra ‘El efecto reliquia’, da artista Teresa Moro. Pódese visitar no MARCO de Vigo.

Pin It on Pinterest