Todas as colaboracións

38º edición das Xornadas de Cine e Video de Galicia

Repasamos ca nosa colaboradora Beli Martínez a nova edición das XOCIVIGA, as Xornadas de Cine e Video de Galicia. Un evento que se desenvolve no Carballiño do 27 ó 31 de xullo. 

Estas xornadas traen cine para todos os públicos e para todos os gustos. Os asistentes a este evento poderán desfrutar de películas coma “Jacinto”, “La voluntaria” ou “Valentina”.

A rapa das bestas: unha ollada desde o cinema galego

Beli Martínez fálanos do imaxinario da rapa das bestas no cinema galego

Documental e investigación universitaria

Beli Martínez fálanos hoxe de pezas documentais que naceron de proxectos de investigación universitarios: ‘A festa do emigrante’, de Sara Traba, no marco do proxecto de investigación Arquitecturas da Paisaxe e do Cambio  e mais Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, parte do proxecto Atlantic Culture Scape da Universidade de Vigo. 

Cine galego de festival, de Annecy ao Olloboi

Beli Martínez pasa revista á presenza galega no festival de animación Annecy, que comeza o 13 de xuño,  e no que Alberto Vázquez compite na sección oficial con ‘Unicorn Wars’. Falamos tamén doutro festival, o  Olloboi, que reúne e premia anualmente o cine escolar que se fai en Galicia.

Retrincos do Play-Doc

Beli Martínez repasa algunhas das pezas de cine documental que proxecta durante esta fin de semana o festival Play-Doc de Tui.


Outra vida para Xosé Velo, o libertador ibérico

Beli Martínez preséntanos o documental ‘Xosé Velo, o libertador ibérico’, dirixido por Aser Álvarez.

Cine galego no festival Visions du Réel

Beli Martínez debulla a participación galega no festival suízo Visions du Réel, da curta ‘Tatuado nos ollos levamos o pouso’ de Diana Toucedo e ‘Los Saldos’, de Raúl Capdevila e producida desde Galicia por Acariño Films. E un petisco de Videogramas, unha iniciativa de Numax con pezas inéditas de Alfonso Zarauza, Eloy Domínguez Serén, Jaione Camborda ou Anxos Fazáns.

Cine para explicar a vida, na 17ª edición da MICE

Beli Martínez debulla hoxe os últimos días de proxeccións da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que promove en Santiago o Museo do Pobo Galego. Detémonos nos documentais ‘El último de Arganeo’ de David Vázquez, sobre un mozo leonés que deixou a Universidade para facerse pastor, e en ‘Transnistra’, de Anna Eborn, sobre un grupo de adolescentes deste territorio de complexo estatus político. 


A traxectoria de Alfonso Zarauza

O día no que ‘Malencolía’ chega ás salas de cine, Beli Martínez repasa a traxectoria do seu director, Alfonso Zarauza. Despois de películas como “Ons”, “Encallados”, “Os fenómenos” ou “A noite que deixou de chover”, o cineasta compostelán filma a súa primeira película de terror.

A presenza galega no Festival de Málaga

Repasamos con Beli Martínez as películas galegas que van proxectarse no festival de Málaga. Ademais de ‘Código Emperador’, que abre o festival, pasarán por Málaga Manane Rodríguez con ‘Onde máis doe’, un documental sobre a violencia vicaria, e Eloy Domínguez Serén coa súa primeira curta de ficción, ‘Rompente’. 

Pin It on Pinterest