Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, coñecemos a experiencia de catro artistas e axentes culturais que estiveron traballando no estranxeiro e que regresaron a Galicia. Un tour que nos leva por Reino Unido, Panamá, Italia ou Polonia.
No tempo dedicado á música, Cibrán Tenreiro conversa co dúo musical Columna Vegana sobre diferenzas xeracionais, amor ou pop.
Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da actriz Teté Delgado.