Zeta | Episodio 23

Na sección de Ana Abad, experta en artes escénicas, conversamos coa actriz Iria Pinheiro sobre a Compañía Eléctrica, a nova formación que vén de crear con Suso Jalda, e da súa primeira peza, ‘Aibō’, estreada en Cangas.

No tempo dedicado á música, Cibrán Tenreiro afonda nos rexistros e linguas nas letras das cancións apoiándose na experiencia e opinións de Nuno do grupo Grande Amore.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos vinte anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade da escritora Ledicia Costas.

Pin It on Pinterest

3 Shares
Share3
Tweet
Share