Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, afondamos na experiencia de cinco artistas e axentes culturais galegas que viven fóra de Galicia.
No tempo dedicado ó audiovisual, Brais Romero conversa co streamer galego Agos Reigosa.
Na sección ‘Nos meus 20 anos… ‘, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade da gaiteira Susana Seivane.