Cibrán Tenreiro, experto no eido musical, conversa con Estefanía Tarrío sobre o proxecto Rizoma que ten como obxectivo a divulgación da música underground en Galicia. Céntrase no punk, metal e o rock. Nas redes sociais do Proxecto Rizoma combínase información sobre centros sociais ou bandas desaparecidas con explicacións de conceptos máis académicos como o de “subcultura” ou “pánico moral”. Tamén reúne recomendacións de bandas ou consellos para apoiar esta escena creativa e darlle visibilidade
Proxecto Rizoma, unha aproximación á música underground en Galicia
Podcast: Play in new window | Download (Duration: 13:46 — 12.6MB)
Subscribe: RSS