Alicia Alonso, o rostro detrás do pano dos eventos

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa creadora e organizadora de eventos Alicia Alonso. Produciu a webserie El método sueco ou a curtametraxe A xustiza pola man. A ourensá Alicia Alonso tamén se animou coa dirección, a gravación e a montaxe de videoclips de grupos como Pedro LaDroga ou Boyanka Kostova.  Na actualidade, compaxina o seu traballo como creadora co traballo en paralelo para diversos festivais de cinema e música como son Curtocircuíto, a Mostra de Cinema Periférico ou o Melona Fest. Ademais, traballa na Academia Galega do Audiovisual, onde se encarga da Comunicación e a Coordinación de Proxectos.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share