Videos

[17:31:00] A vida excepcional de Juana de Vega

 

O historiador Xosé Ramón Veiga recolle a intensa vida da coruñesa Juana de Vega na biografía Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. Facer no séculopublicada pola editorial Galaxia. Escritora de non ficción, conspiradora política, aia real ou promotora de asociacións de mulleres que socorrían os máis desamparados, é unha das personalidades máis sobresaíntes do noso século XIX. 

 

[20:45:00] Helena Girón e Samuel Delgado estrean ‘Bloom’ en Rotterdam

O Festival Internacional de Cinema de Rotterdam acolle o estreo de Bloom, filme co que recuperan o traballo artesanal das orixes


[17:31:00] ‘Lugo Philadelphia’, poemas e fotografías na procura dos Stones

 

O poeta Lois Pérez e a fotógrafa Alba Díaz preséntannos ‘Lugo Philadelphia’, a crónica poética e en imaxes dunha viaxe aos Estados Unidos na procura dos Rolling Stones, con Lugo e A Terra Chá sempre presentes. Publícaa Edicións Xerais. 

 

[17:44:00] Arte sonora arredor da Vaca de Fisterra

 

Mónica Maneiro fálanos hoxe de arte sonora do fío dun encontro sobre a Vaca de Fisterra, a bucina do faro, que enmudeceu nos anos 90.
O Concello de Fisterra acolle este venres o encontro ‘Paisaxe sonora e memoria dunha bucina de néboa‘, onde participan os artistas sonoros Xoán Xil e Berio Molina e mais a fisterrá Amada Traba, profesora da Uvigo e filla de fareiro. 

 

 

[17:31:00] ‘Samsara’, de Lois Patiño, terceira longa galega na Berlinale

 

O cineasta Lois Patiño fálanos de ‘Samsara’, a longa que estreará o 20 de febreiro na sección Encounters da Berlinale. Rodada entre un templo budista de Laos e nunha granxa de algas en Zanzíbar, o filme segue o ciclo budista da morte e reencarnación e propón unha experiencia de meditación e introspección no cine, que poida mesmo desfrutarse cos ollos pechados. 

 

Pin It on Pinterest