Videos

[17:48:00] Lecturas para a rapazada sobre Filosofía e Holocausto

Eva Mejuto tráenos hoxe O moucho voa. Filosofía en 28 conversas, un libro de Miguel Vázquez Freire que recolle diálogos filosóficos dun programa de radio que poden ler mozos e mozas a partir de 12 anos. Tamén lembramos o Día en memoria do Holocausto co álbum Historia de Erika, de Ruth Vanderzee e Roberto Innocenti.

[17:31:00] Cada vez máis Youtubeiras

Este sábado celébrase a gala de entrega dos Premios Youtubeiras 2022, un certame que desde 2017 alenta a creación e consumo de contidos en galego na Rede. Facemos historia desta iniciativa con Carme Pereiro, coordinadora de Youtubeiras e co youtubeiro Olaxonmario.

[10:31:00] ‘O corasón como un after’

Chegan de Muros con ganas de ir de festa e facela polo camiño. Música de bo rollo, good vibes, aínda que teñamos roto o corasón. Son Samuel, Xanma, Matías e Xaquín, The Rapants, e teñen novo disco, O corasón como un after. Hoxe pasaron polo Diario cultural para presentalo, e o primeiro contacto cos escenarios será o 11 de marzo na Sala Malatesta de Compostela.

 

 

[17:48:00] Novos discos de The Rapants, Dani e Sam Smith

 

Tito Lesende escolma hoxe tres novos discos da vizosa colleita do mes de xaneiro. Os muradáns The Rapants editan ‘Corasón coma un after’, que presentarán en marzo na sala Malatesta de Santiago, e a viguesa Dani publica o seu segundo disco, ‘Posdata’. Poñemos o ramo á sesión deste xoves con ‘Gloria’, o novo traballo do británico Sam Smith

 

Pin It on Pinterest