Videos
[20:45:00] Manuel Murguía está vivo na súa mensaxe e no que representou
O académico Ramón Villares revisa a figura de Manuel Murguía na apertura dos actos do centenario de Manuel Murguía
[17:49:00] Premios, estreas e rodaxes
Andrea Villa repasa o palmarés galego nos premios Feroz, anúncianos a estrea da curta Aquí está Carme, de Anxos Fazáns, e debulla o que deron de si as residencias Play Doc, en que cineastas de toda España traballaron nos seus próximos proxectos.
[17:31:00] ‘Xogo de espellos’, orquestra e electrónica para adolescentes
O pianista e compositor Javier Otero Neira preséntanos este proxecto didáctico en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia. ‘Xogo de Espellos‘ son concertos para piano, electrónica e orquestra pensados para público adolescente. O Auditorio de Galicia acolle actuacións para centros escolares os días 2 e 3 de febreiro e un concerto para público familiar o sábado 4.
[17:50:00] Mattria, a galería de arte dunha galega en Milán
Mónica Maneiro fálanos hoxe de Matria, unha galería de arte que abriu en Milán a galega Liana Solís. Conversamos con esta fotógrafa coruñesa.
[17:31:00] ‘Antroido cascarilleiro’, un documental de Omar Rabuñal
Omar Rabuñal retrata nunha peza documental o pasado e presente do Entroido coruñés, un carnaval urbano e popular con influencias moi diversas e espírito crítico e transgresor.
‘Antroido cascarilleiro. Dende Elviña a Monte Alto’ estréase o martes 31 de xaneiro na Filmoteca de Galicia. Conversamos co director e co historiador Xosé Alfeirán, unha das voces do filme.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- …
- 565
- Seguinte ›