Videos

[17:49:00] Viaxar a través das ilustracións dos libros

 

Na semana do Día da Ilustración Eva Mejuto convídanos a unha viaxe polos mundos que visitan dous álbums de gran formato. Todo a babor!, de Rena Ortega, parte da volta ao mundo de Magalhães e Elcano para levarnos de visita cun ourizo e un teixo á praia de Copacabana, Indonesia ou ás illas Marianas. A estrambótica volta ao mundo en 80 días, de David Pintor e Carlos López, adapta o clásico de Xulio Verne reparando nos momentos máis humorísticos.

 

[17:31:00] A Orquestra Clásica de Vigo homenaxea a Philip Glass

Glass, un dos grandes nomes do minimalismo e un dos compositores máis influentes das últimas décadas, acaba de facer 86 anos. A Orquestra Clásica de Vigo homenaxéao interpretando o seu Concerto para violín e orchestra dentro do seu programa ‘Escoitas’. Escoitamos a música de Glass co director técnico da Clásica, Manuel Martínez, e co violín solista da orquestra, Marcos Escobar. 

[20:46:00] Preséntase o volume ‘Berta Cáccamo. Horas felices’

A publicación aborda a primeira retrospectiva da pintora despois do seu pasamento en 2018.

[17:48:00] Roura, Ataque Escampe, Skarnivals e Alba Reche

A primeira sesión de Tito Lesende en febreiro trae música de Roura, un cantautor galego residente en Madrid. Escoitamos a última canción de Ataque Escampe, Viaxamos a Miami, e o novo disco de The Skarnivals. Poñemos o ramo con Alba Reche, que colaborou recentemente con Baiuca e toca esta fin de semana en Galicia. 

[17:31:00] ‘Murguía, un século despois’

 

Henrique Rabuñal percorre neste libro publicado por Laiovento a biografía cultura, intelectual e ideolóxica de Manuel Murguía, un século despois do seu pasamento.
Murguía foi unha figura clave na construción cultural e política de Galicia na segunda metade do século XIX e primeiro presidente da Real Academia Galega. 

 

Pin It on Pinterest