Videos

Unha ara romana en Aranga

Mario César Vila comenta o achado en Aranga dunha ara romana que puido pertencer a un templo dedicado a Xúpiter. Detense tamén na musealización da cloaca romana de Lugo e na descuberta dun baluarte da muralla de Vigo. 

‘Da inspiración ao libro’, xornadas de creación literaria na biblioteca do Porriño

A biblioteca municipal do Porriño promove unhas xornadas de inspiración literaria nas que participarán escritoras escritoras, editores e revisoras. Conversamos sobre os poderes da escrita con dous dos participantes, o escritor porriñés Diego Giráldez e a creadora escénica Ana Abad de Larriva, que coordina o club de lectura da vila. Andrea Vázquez, do servizo de normalización lingüística municipal, debulla as actividades que se desenvolverán do martes ao venres.

[17:50:00] Estas son as recomendacións de cómics de Eva Mejuto

Reflexionamos con Eva Mejuto sobre o avance da banda deseñada no transcurso dos anos e, coma tódalas semanas, tamén nos recomendou algunhas obras para ler. Unha delas foi Miquits, un cómic para a rapazada que ten de protagonista a un gato e que, curiosamente, é familiar dunha bruxa coa que vive emocionantes aventuras! Outra das publicacións visuais que menciona é Nerea. O principe da sorte, a historia dunha rapaza que se embarca nunha viaxe de monstros, lambetadas e moitos mocos… e todo iso por non facerlle caso aos seus pais. 

[17:31:00] Miguel Anxo Prado, autor de ‘Trazo de Xiz’, celebra o trinta aniversario da publicación orixinaria

Trazo de Xiz é unha publicación adaptada ao galego por Miguel Anxo Prado. Esta obra publicouse orixinariamente no 1993 en castelán como Trazo de tiza, sendo esta unha banda deseñada que acadou un grande éxito internacional e numerosos recoñecementos. No 2012 desfrutamos da visual narrativa, por primeira vez, en galego. Hoxe, Norma Editorial celebra o trinta aniversario da obra en Pontevedra, e o noso convidado non só asistiu, senón que ata participou no evento!

Pin It on Pinterest