Videos

Músculo! Electrónica que flúe como un río

Ulla‘ é o título do novo disco de Músculo!, un grupo de música electrónica con epicentro en Valga.  Un punto de inflexión na súa traxectoria inspirada pola vida e a paisaxe das terras que baña o río Ulla. 

‘Acisclo. Sete décadas’, retrospectiva do escultor Acisclo Manzano

A mostra “Acisclo: Sete décadas” propón un percorrido por toda a traxectoria artística do escultor galego a través das súas obras máis significativas, unha escolma de setenta pezas procedentes de coleccións galegas públicas e privadas.

En Anne Carson sempre hai unha superposición de capas e un rexeitamento de binarismo”

Jesús Castro Yáñez traduce A antropoloxía da auga, a obra de Anne Carson que publica ‘Chan da pólvora’

Cooperativas culturais: Culturactiva, Urdime e Nave de Lata

O cooperativismo é unha fórmula asociativa cada vez máis utilizada no noso sector cultural. Coñecemos tres exemplos. Culturactiva traballa desde 2001 na xestión cultural, o teatro, a música e a dinamización social. Urdime celebra dez anos de historia que comezaron na distribución de teatro infantil e xuvenil. Nave de Lata acaba de nacer como alianza entre as axencias musicais Luneda Producións e Tremendo Audiovisual. Escoitamos a Manuel Roxo, de Culturactiva; con Cris Fiaño, de Urdime, e con Aitana Cuétara e Manuel Tarrío, de Nave de Lata.

Pin It on Pinterest