Videos

A dramaturga Xohana Torres chega aos escenarios

O Centro Dramático Galego estrea a obra Un hotel de primeira sobre o río.

O Poetry Slam de Carral colle cada vez máis forza

Poetry Slam é unha competición de poesía escénica que xunta diferentes estilos de expresión usando só o corpo e voz. Os participantes, “slammers“, dispoñen de tres minutos para presentar textos de autoría propia. Na taberna Lume e ferro tivo lugar o primeiro evento do Poetry Slam Carral. Así, o responsable e participante, Peter Brea, explícanos o motivo e orixe do evento nesta localidade. Tamén conversamos coa gañadora do Poetry Slam Carral, Lucía Ugarte, familia de panadeiros: “É unha fantasía contarlle ao mundo o que levas dentro”. 

 


Overtaz. As fotoesculturas de Santi Barreiros e Nito Contreras.

Overtaz. As fotoesculturas de Santi Barreiros e Nito Contreras.

Carballo Interplay fai memoria e explora o que vén

Comeza a décima edición do festival de contidos dixitais.

A exposición ‘Lugo no tempo’ repasa a historia da cidade

A exposición Lugo no tempo explora a interacción entre o urbanismo, a sociedade e o territorio nunha cidade que representa un dos mellores casos de convivencia e integración de culturas e costumes: o campo e a cidade, a influencia galaica e a romana. É a terceira das mostras do proxecto ‘Cidades no tempo’, que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Conversamos co comisarios Manuel Gago e coa coordinadora da exposición en Lugo, Marica Campo.

Pin It on Pinterest