Videos

‘De lugares e órganos’ volve a Santiago

Ata o sábado 8 de abril desenvólvese en Compostela a oitava edición do ‘De lugares e órganos’.
Conversamos con Belén Bermejo, directora artística deste ciclo musical, no que poden escoitarse
algúns dos órganos históricos da cidade interpretados por intérpretes galegos e estranxeiros.
O festival inclúe concertos, unha proxección de cine con música en directo ou un itinerario por 
Santiago na procura das pegadas de Mariano Tafall, o último gran construtor de órganos da catedral
compostelá. 

Leilía baixan dos escenarios tras 34 anos

Conversamos sobre o legado do grupo con dúas das compoñentes, Felisa Segade e Montse Rivera.

Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas

 

A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea o trobador medieval Martín Codax como símbolo da esencia da música galega. A descuberta en 1916 do Pergamiño Vindel permitiu coñecer a notación musical de seis das cantigas de amigo atribuídas a Códax. Analizamos a importancia musical de Codax co compositor e académico Juan Durán e a música Laura Lamontagne, que realiza relecturas electrónicas de dúas cantigas de Codax no seu proxecto con Pico Amperio. 

 

Noelia Castro e Josito Porto, premiados nos María Casares

Conversamos con dous dos gañadores da XXVII edición dos Premios de Teatro María Casares. Noelia Castro conseguiu o galardón como mellor actriz protagonista polo seu papel en ‘As que limpan’, da compañía A Panadaría, que conseguiu tamén os premios a mellor montaxe, dirección e texto orixinal. Josito Porto foi recoñecido como mellor actor protagonista por ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro, que tamén conseguiu o galardón ao mellor espazo sonoro. 

Pin It on Pinterest