Videos
O legado musical de Francisco Landín Pazos
Conversamos co músico e etnógrafo Felipe Rea, que investigou en profundidade o compositor Francisco Landín Pazos. Nado en Marín en 1910, Landín Pazos foi autor de obras musicais de moitos xéneros, impulsor da gaita como instrumento de primeira orde e creador da primeira banda de gaitas de rapaces.
‘O mesmo animal’, novo disco de Martelo
O power trío rompe unha década de silencio discográfico con nove cancións enérxicas e de letras combativas.
Pode a arte servir para transformar a realidade? É unha produtora de ideoloxía? É o mercado o que marca tendencias na arte?
A XXXIX Semana Galega de Filosofía reflexiona sobre a arte en Pontevedra.
Quen foi Martiño de Dumio?
O Consello da Cultura Galega analiza a importancia cultural desta figura da Gallaecia tardorromana.
Escoitamos o latinista Xosé Antonio López Silva e o arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, que participan o martes
11 de abril na xornada ‘Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega’.
Ábrese a convocatoria para unha nova edición de ‘Escoitamos teatro’
A Fundación SGAE convoca unha nova edición de Escoitamos Teatro, certame de textos dramáticos breves para radio e podcast. Trátase dunha iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia coa colaboración da Radio Galega para fomentar la creación de novos textos teatrais en galegos e impulsar o radioteatro.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- 565
- Seguinte ›