Videos

Música, humor e arte no ciclo ‘Elas son artistas’

Comeza a sexta edición de Elas Son Artistas, un ciclo dedicado a promover a igualdade na música e as Artes na Coruña e na súa área metropolitana. Conversamos co seu director artístico, Tomi Legido, e coa violinista María de la Flor. Esta cantante e compositora, que reinvidica o valor da música tradicional, actuará este sábado 15 de abril na Fábrica de Oleiros. 

 

Libros para andar polo monte e poñer horta

A ilustradora e autora Blanca Millán preséntanos os seus dous últimos libros: O gran libro dos nosos montes, acabado de publicar,  e O gran libro da nosa horta, finalista na categoría de mellor libro infantil nos premios Follas Novas. Dous álbums ilustrados divulgativos publicados por Cumio para reconectar a rapazada e as familias coa natureza e cos ciclos estacionais. 

[10:30:00] Volve a Ourense o Festival de Cultura Africana Harmatán

Volve a Ourense o Festival de Cultura Africana Harmatán.

Pin It on Pinterest