Videos
Poi: rock, electrónica e chamanismo
Tonhito de Poi e Cristina Morquillas preséntannos ‘Psicodelia‘, o primeiro EP de Poi. O cuarteto mestura rock e electrónica nun son que denominan ‘poi-floyd’ e recolle nas súas letras unha busca espiritual que conecta co chamanismo. O disco ábrese coa canción ‘Delirando‘, na que colabora Javi Maneiro, de Heredeiros da Crus.
Celebramos o Día do Circo
O sábado 15 de abril celébrase o Día Mundial do Circo. Conversamos con Belém Brandido, presidenta da Asociación Profesional do Circo de Galicia e con José Expósito, da compañía Pista Catro.
“O problema non é se as máquinas poden pensar como os seres humanos senón se os seres humanos terminarán pensando como máquinas”
Andoni Alonso participa na Xornada Humanismo e tecnoloxía que organiza o CCG
Xavier Miró, pioneiro do pop en galego
Ribadeo homenaxea a Xavier Miró, óptico xubilado da localidade que agacha tamén un pasado como músico. Entre o ano 1969 e 1973 Miró conseguiu entrar nas listas de éxitos cantando en galego, como parte do dúo ‘María e Xavier‘. ‘Miña ruliña‘ e ‘Brila raio da aurora’ foron os seus temas máis coñecidos. O auditorio ribadense Hernán Naval acolle o sábado 15 de abril un encontro de homenaxe no que participarán Guadi Galego e máis dun cento de músicos da Mariña. Conversamos con Ugia Pedreira, unha das directoras do acto, e co propio Xavier Miró.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- …
- 565
- Seguinte ›