Videos
‘Cabalgata’, Ataque Escampe encóntranse co pasado
Lembranza da pedagoga Antía Cal no Museo do Pobo Galego
O Museo do Pobo lembra a figura de Antía Cal no día que faría 100 anos. A entidade recibe a doazón dos orixinais de dúas obras da educadora, ‘O libro dos nenos‘ e ‘O arte e a súa historia‘.
A agrupación O Fiadeiro celebra un cuarto de século en Vigo
A agrupación viguesa O Fiadeiro recupera a celebración dos seus primeiros 25 anos, que tivo que adiar por causa da pandemia. Recollidas, ensinanza a nenos e adultos e representación artística son as actividades que desenvolve desde a súa sede no centro de Vigo. O seu presidente, Miguel Ángel Pena Castro, fálanos do pasado e do futuro desta agrupación con máis de 300 alumnos e alumnas.
Xabier López publica ‘Cocaína’, historias da posguerra en formato breve
A editorial Menino Morreu publica a última achega narrativa de Xabier López, desta vez en formato breve. ‘Cocaína’ lévanos á Asturias da posguerra a través de historias sobre un futbolista de terceira división, un guerrilleiro cunha misión insólita ou un médico autodestrutivo.
Campo de traballo arqueolóxico na Ribeira Sacra
Falamos co arqueólogo Xurxo Ayán do campo de traballo arqueolóxico internacional do castro de San Lourenzo, na Pobra do Brollón. O 18 de abril abre o prazo de solicitudes para a sexta edición do campo, dirixido a persoas de 18 a 30 anos con interese na arqueoloxía en comunidade.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- 565
- Seguinte ›