Videos

[10:33:00] ‘Circum’, a música de Ton Risco e Marcos Teira

‘Circum’, a música de Ton Risco e Marcos Teira

[17:49:00] Chantal Akerman e estreas galegas no Play-Doc

 

Andrea Villa debulla a programación do Play-Doc de Tui, que comeza a súa décimonovena edición este mércores. Ademais da apertura con A Foreign Song de César Souto, o festival ofrece unha retrospectiva de Chantal Akerman, un concerto de J, do grupo granadino Los Planetas, e estreas de cineastas galegos como Manuel Valcárcel, Eloy Domínguez Serén ou Ángel Montero e María Serna. 

 

[17:31:00] A obra gráfica e audiovisual de Chichi Campos, na Fundación Luís Seoane

 

Humorista, debuxante, guionista da TVG, un dos pioneiros do cómic galego, militante antifranquista… En apenas 39 anos de vida Xesús, ‘Chichi’, Campos sumou todas esas facetas e converteuse nun retratista iconoclasta da sociedade galega do seu tempo. Seu fillo, o tamén guionista Nico Campos, é o comisario da exposición Xesús! 70 anos de Campos, que recolle a obra gráfica e audiovisual. A mostra pode visitarse na Fundación Luís Seoane da Coruña ata outubro. 

 

O trío Aine recupera compositores do Rexurdimento no proxecto Metamorfoses

Conversamos con Uxía Bolaño Amigo e Javier Ares Espiño, integrantes do trío Aine, sobre o proxecto Metamorfoses. O venres 28 de abril estrean na Coruña este concerto, con obras de Antón Alcalde inspiradas en compositores do Rexurdimento como Xoán Montes e Pascual Veiga. 

 

 

Pin It on Pinterest