Videos
Et Suseia Danza estrea ‘O que non se ve’
‘O que non se ve‘ une baile tradicional galego e danza contemporánea para retratar a loita das mulleres. Iria Portos e Iria Calvar son as bailarinas en escena desta peza coreografiada por Diego Landín, Erick Pegueros e Gustavo Couto. Conversamos con Gustavo Couto e Cristina Cotilla, que lle poñen música en directo ao espectáculo.
Moura, un dos grupos desta edición do FIV Vilalba
Comeza o festival FIV de Vilalba, que nesta edición reúne a música de Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Carlangas ou Moura, o grupo co que conversamos.
‘Fatum’, un thriller coa paternidade no centro
Conversamos con Luís Tosar, protagonista de Fatum, un thriller no que as emocións e os dilemas morais da paternidade son o motor da trama a partir dun atraco con reféns. É a primeira longametraxe de ficción dirixida por Juan Galiñanes, e ten no elenco a Álex García, Arón Piper, Elena Anaya, Ricardo de Barreiro ou Isabel Naveira. O 28 de novembro chega aos cines esta nova produción de Vaca Films, participada pola Televisión de Galicia e rodada na cidade da Coruña.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- …
- 565
- Seguinte ›