Videos

‘Endaterra’, Xacarandaina leva o seu musical ao Coliseum da Coruña

O Coliseum da Coruña acolle o domingo 7 de maio o espectáculo ‘Endaterra‘, co que Xacarandaina pon no escenario 80 artistas para contar unha historia ambientada no Camiño Inglés a Santiago e na ruta desde Compostela á Costa da Morte. Conversamos co director e coreógrafo do espectáculo, Quique Peón, e coa actriz Lucía Veiga, integrante do elenco, que explica o que supuxo para ela entrar en Xacarandaina sendo unha nena. 

‘Washington’, un falso casting para Lars Von Trier no festival Escenas do cambio

O festival Escenas do cambio acolle a estrea galega de ‘Washington’, unha peza dirixida por Matías Daporta, que parte dun casting para o papel de Grace, a protagonista da non-película Washington de Lars Von Trier. 

Recta final da sexta edición do festival Resis

Recta final da sexta edición do festival Resis

Astarot celebra 40 anos de rock

A banda morracense celebra o seu cuadraxésimo aniversario co disco ‘Baixo a luz de Breogán’ e cun concerto especial en Cangas o sábado 6 de maio. 

Pin It on Pinterest