Videos
“O que primamos é a calidade artística”
Alberto Vázquez é un dos directores de Imaxinaria. O I Festival Internacional de Animación revisita a obra de Lotte Reiniger e Isabel Herguera.
A galega Pilar Cagiao ingresa na Academia Cubana de Historia
Conversamos coa historiadora Pilar Cagiao Vila horas despois de ser investida como académica correspondente pola Academia Cubana de Historia. É a primeira galega en obter esta condición, que recoñece a súa longa traxectoria nos estudos migratorios e na investigación das relacións diplomáticas e culturais entre as dúas beiras do Atlántico.
Lugo acolle a terceira edición do encontro Celme da Zanfona
Tres días de conferencias, clases maxistrais e concertos ao redor da zanfona, do 12 ao 14 de maio no Centro de Artesanía e o Auditorio do Vello Cárcere. Esta terceira edición de ‘Celme da Zanfona’ reúne músicos e investigadores como Germán Díaz, Efrén López, Pablo Pascual, Suso Vaamonde, Miro Casabella, David Bellas, Iván Abal Pulleiro, Vítor Soto ou Xosé Luis Rivas Cruz.
“O cinema experimental é un reduto onde os creadores non teñen límites”
Preto de 180 pezas fílmicas de 12 países na XIV Mostra de Cinema Periférico que dedica focos a Anthony McCall e a Barbara Sternberg
Literatura e ilustración galega en Bos Aires
Conversamos con dous dos integrantes da delegación galega na feira do libro de Bos Aires, un dos eventos editoriais máis importantes de Latinoamérica. A escritora Arantza Portabales segue abrindo camiños internacionais para a súa última novela policial, O home que matou a Antía Morgade. O ilustrador Alberto Guitián presenta na Arxentina a segunda edición da Guía ninja do ilustrador, un manual para defender os dereitos dos profesionais creativos, impulsado pola Asociación Galega e Profesionais da Ilustración
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- 565
- Seguinte ›