Videos

Letras Galegas 2023 | A causa política

A xeración de Francisco Fernández del Riego está en gran parte marcada pola guerra do 36, que tronzou todas as aspiracións políticas dunha Galicia galeguista no marco da España republicana. 
Nos anos republicanos, un xoven Del Riego comeza a despuntar como orador e político. Foi membro activo desde moi novo do Partido Galeguista e un dirixente universitario con voz propia. A guerra obrigouno a reinventarse, pero nunca abandonou o seu compromiso co galeguismo, como descubrimos nesta reportaxe.

Os monicreques volven tomar Redondela

Redondela acolle ata o 21 de maio a vixésimo cuarta edición do seu Festival Internacional de Títeres Memorial Juanjo Amoedo. Nesta ocasión visitan a vila compañías de monicreques de Andalucía, Cataluña, Italia, Francia, o Brasil ou os Estados Unidos. O festival ofrece programación de sala no Auditorio da Xunqueira e espectáculos de rúa. 

Letras Galegas 2023 | Un galeguista de Lourenzá

O percorrido vital de Francisco Fernández del Riego comeza un 7 de xaneiro de 1913 en Vilanova de Lorenzá. Pasou só os anos da infancia nesta vila, suficientes para marcar a súa personalidade e forte determinación, e en Lourenzá dá tamén o seu primeiro discurso público como galeguista convencido. Coñecemos esta primeira etapa da súa vida co biógrafo e veciño de Lourenzá Manuel Román.

A Asociación Évame Oroza celebra o centenario de Carlos Oroza

“Seguramente foi o mellor poeta oral do século XX”, dinos Javier Romero, director da Asociación Cultural Évame Oroza. 

Os premios Martín Codax da música xa teñen finalistas

Repasamos as diferentes categorías dos Martín Codax con Sheila Patricia e Patty Castro, da directiva da asociación Músicas ao Vivo. Coñecemos a Carabela, candidatos na categoría de electrónica e a Quico Comesaña, un dos finalistas na modalidade de folk. A gala dos premios desenvolverase o 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Pin It on Pinterest