As letras galegas de Francisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego monográfico
Francisco Fernández del Riego monográfico
A editorial Galaxia naceu en 1950 e o día da súa fundación, alí estaba Francisco Fernández del Riego. A editorial nacía co propósito de recuperar a literatura galega naquel baleiro panorama da posguerra, as voces de preguerra e as novas xurdidas nos anos 50. Coñecemos os primeiros anos daquel proxecto co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e a profesora e escritora Malores Villanueva.
O Festival de Cans celebra vinte anos de difusión do cine e a cultura desde unha parroquia do Porriño. Nesta vixésima edición pasarán por Cans cineastas como Álvaro Gago, Carla Subirana ou Alberto Vázquez, intérpretes como Luís Zahera, María Vázquez ou Javier Gutiérrez e grupos musicais como Fillas de Cassandra, Mallou, Tony Lomba ou Los Punsetes. Ata o sábado 20 de maio o festival acolle a certame de curtametraxes, proxeccións de longas, concertos, coloquios, exposicións e roteiros.
O xornalista Perfecto Conde é o autor de ‘Conversas con Paco del Riego’, un libro que reedita Xerais neste 2023 e que naceu dunha longa entrevista de oito días que mantivo o autor con Francisco Fernández del Riego en 2008.
Pepe Ribas, fundador da histórica publicación cultural “Ajoblanco”, fala estes días en Galicia de contracultura, utopía e a experiencia na Cataluña dos anos 70.