Videos

Jordi Francés dirixe a Real Filharmonía no último concerto da temporada

Conversamos co director de orquestra alacantino Jordi Francés, que levará a batuta do último concerto da temporada da Real Filharmonía de Galicia, o 25 de maio no Auditorio de Galicia en Santiago. O programa leva por título ‘Novos horizontes’ e incluirá o Concerto Romanés de György Ligeti, Sinfonía de Cámara de Dmitry Shostakovich e a Sinfonía núm. 4 en re menor de Robert Schumann

Faltriqueira regresa aos escenarios

O grupo celebra vinte anos e prepara novo disco.

Haruki Murakami, premio Princesa de Asturias das Letras

O escritor xaponés é recoñecido pola singularidade da súa literatura e a súa capacidade para conciliar a tradición xaponesa e a cultura occidental. Falamos da literatura de Murakami cun dos seus tradutores, Gabriel Álvarez, e con Tensi Gesteira, do blog Lecturafilia.

Ángel Santos: “O meu cine quere falar, preguntarse cousas, filosofar”

A última curtametraxe de Ángel Santos, ‘Alicia fai cousas’, conseguiu catro dos principais premios do Festival de Cans- Mellor curta de ficción, mellor dirección, mellor guión, e mellor interpretación para Alicia Armenteros, que encarna unha actriz nova que se obsesiona co seu propio aburrimento. Conversamos con Ángel Santos sobre o filme e a dificultade de aburrirse na vida e no cine. 

 

Pin It on Pinterest