Inacio Vilariño e Iván Suárez asinan guión e ilustracións, respectivamente, desta obra que publica Demo Editorial. É unha adaptación ao cómic de ‘Le petit roi de la Galice’, obra do poeta francés Victor Hugo que narra o rapto do primoxénito do rei García II, o derradeiro monarca galego. Os autores inspiráronse na tradución ao galego realizada por Henrique Harguindey.
O catedrático de Historia Contemporánea da USC, especializado en historia agraria e no estudo da guerra civil e o franquismo, ingresa na Real Academia Galega como membro de número. Nunha sesión extraordinaria pública no teatro Jofre de Ferrol o novo académico dará lectura a un discurso titulado “A memoria, a historia e a política”, no que analiza unha esquecida polémica entre Camilo José Cela e Valentín Paz-Andrade producida no ano 1977.