Videos

As chaves do éxito para Luz Casal: “Esforzo e inconformismo”

Luz Casal foi elixida como ‘comendadora’ das Artes e Letras en Francia, a máxima distinción artística do país. A cantante subliña a importancia que ten para ela o esforzo persoal e as ganas por mellorar cada día para conseguir os seus obxectivos: “Todo recoñecemento é unha proba de que existes para o mundo”.

A poesía con fouciño de Samuel Merino

‘Con esta hoz’ inclúe poemas en galego e castelán, camiños vitais que Samuel Merino abre na maleza coa axuda do fouciño. Literatura e filosofía danse a man na obra, publicada por Disbauxa, unha nova editora catalá centrada no plurilingüismo, a oralidade e a diversidade. Merino presenta o poemario o 8 de xuño en Ourense e o 9 de xuño en Pontevedra. ‘Con esta hoz’ incorpora un audiolibro, ‘Con esta fouce’, para escoitar os poemas recitados polo seu autor. 

“O poema non é as palabras na páxina, iso é o iceberg do poema”

Chega ás librarias As cunchas baleiras, o novo libro da poeta Branca Novoneyra.

Chicharrón: “Este disco reivindica o ‘indie’, que agora está moi deostado”

O grupo carballés publica o seu sexto disco, ‘O que nos queda por non dicir’. Un novo comezo para a banda, nacida hai unha década, e que agora forman Alberto Vecino, Mara Pérez e Rosalía Fernández Rial. Gravado en Nadal de 2022 no seu local de ensaio, o álbum é unha fotografía dun momento feliz e familiar que estrearon en directo nunha minixira polas casas dos amigos do grupo.

Pin It on Pinterest