Videos

Especial Diario Cultural Son do Camiño

Programa monográfico desde o Son do Camiño. Conversamos con artistas galegos que actúan no festival, como Sila Lúa, The Rapants e Galician Army. Tito Lesende analiza o cartel deste ano e tráenos en primicia o novo single de Xoel López, que tocará o sábado no Monte do Gozo.

Ángel Suanzes publica o seu segundo poemario

Os eucaliptos levan o lume dentro é o segundo poemario do xornalista Ángel Suanzes. A partir da imaxe dos eucaliptos como árbores destinadas ao consumo, Suanzes reflexiona sobre o tempo e as relacións humanas e pescuda na vulnerabilidade reprimida pola masculinidade tradicional. O libro, publicado por Nêspera Editora, ten unha forte pegada visual, a través das fotografías e dos xogos na disposición en páxina dos poemas.


Manuel Segade: “É urxente traducir a forza internacional do museo tamén dentro da arte española”

Conversamos co novo director do Museo Nacional Centro de Arte Sofía, o coruñés Manuel Segade, trala súa primeira semana á fronte deste centro público. Segade estudou Historia da Arte na USC, foi comisario xefe no CGAC e desde 2015 dirixía o Museo Centro de Arte 2 de Mayo Dos de Mayo na localidade madrileña de Móstoles. 

Pin It on Pinterest