Luisa Villalta será homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024
Luisa Villalta será homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024
Luisa Villalta será homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024
Os mitos lucenses da ‘Mariña Inmaterial’, con Rafael Quintiá
16 anos despois de ‘Vigo’, a poeta Helena de Carlos volve publicar. ‘Imago’ (Faktoria K) é un libro sobre as metamorfoses da vida, a madurez e a infancia. Para Dolores Vilavedra, un libro que consola.
O Consello da Cultura Galega organizou unha xornada arredor da música dos videoxogos, un elemento dentro desta industria que gaña en peso, en producción e mesmo en ointes. Os videoxogos, a primeira industria cultural do mundo, son cada vez máis complexos e cunha maior carga nos departamentos de arte. Queremos por suposto que teña unha boa xogabilidade, que nos entreteña, pero tamén que sexa unha historia interesante, cun deseño bonito e unha banda sonora que nos enganche. A música gana protagonismo na experiencia de poñerse aos mandos ou ao teclado e comezar unha aventura.
Que a ninguén lle sorprenda xa que no ámbito dos conservatorios se estude tamén esta música. Boa proba diso é Erea Carbajales, profesora do Conservatorio Superior de Música de Vigo, violinista, musicóloga e especialista en música de videoxogos. Porque desde Galicia investígase, desenvólvense videoxogos e tamén se crean as súas bandas sonoras. É o caso de Inés Mirás, compositora e música multiinstrumentalista. Podémola escoitar como parte da Banda da Loba, pero ten esta outra faceta.