Videos
Homes e feminismo. Laiovento publica ‘A vontade de cambiar’ de bell hooks
Laiovento publica en publica ‘A vontade de cambiar: homes, masculinidade e amor’, da feminista afroamericana bell hooks. Unha obra que debulla como o patriarcado oprime tamén os homes e busca modelos para unha masculinidade non patriarcal. Conversamos con Xosé Cabido, prologuista do libro e impulsor de obradoiros de igualdade específicos para adolescentes varóns.
‘A invasión da movida madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola’, unha mostra que nos leva aos anos 80
Marivi Ibarrola colleu a cámara nos anos 80 para retratar o nacemento e o desenvolvemento dun movemento de gran axitación cultural como foi a movida madrileña. Agora, a Casa Museo Casares Quiroga da Coruña recolle o testemuño visual desta época, pero dende un punto de vista galego. Ata o 4 de outubro pode visitarse a exposición fotográfica A invasión galega da movida madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola. Conversamos coa fotógrafa e co comisario da mostra, Tomi Legido.
Premio Nacional de Música para o compositor vigués Eduardo Soutullo
Eduardo Soutullo é o primeiro galego galardoado co Premio Nacional de Música do Ministerio de Cultura na categoría de composición. O xurado do galardón suliñou o “unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral”. O ditame destaca a súa cantata ‘O lamento dos xirasois’, un alegato antibélico con versos da poeta ucraína Lesya Ukrainka, que Soutullo conseguiu estrear en San Petersburgo en 2022.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- 565
- Seguinte ›