Videos
Música e patrimonio cultural da man no festival Espazos Sonoros
Dende o 2008, o festival Espazos Sonoros nacía coa intención de unir músia e patrimonio cultural, elementos estruturais aos que se lle foron unindo outros propósitos que rematan por conferirlle unha identidade propia. Brión, A Laracha, Narón ou A Coruña son algunhas das paradas que fará este Espazos Sonoros 2023, que se estende ata o 24 de setembro. Belén Bermejo é a directora artística do festival.
“No sector escénico é cada vez máis importante a distribución profesionalizada fóra dos propios territorios”
Camiño Escena Norte incrementa contidos e programa na súa quinta edición.
O Cuarteto Quiroga celebra o seu vixésimo aniversario co disco ‘Átomos’
O oitavo traballo do Cuarteto Quiroga, Premio Nacional de Música en 2018, é unha homenaxe ás posibilidades expresivas do cuarteto de corda e á arte da concentración musical. O disco inclúe obras para cuarteto de corda de Haydn, Beethoven e Bartók e unha peza de Gyrgy Kurtág que aínda non fora gravada.
Conversamos cun dos integrantes do Cuarteto Quiroga, o galego Cibrán Sierra, sobre este disco e a historia da formación, que deu o seu primeiro concerto en Leiro en 2003.
A Arca da Noe publica un libro disco que resume, con grandes artistas, o universo musical deste mítico local da Limia
A Arca da Noe publica un libro disco que resume, con grandes artistas, o universo musical deste mítico local da Limia. Falamos con Noe Vázquez e Lucía Cortiñas:
“Creamos unha burbulla propia para compartir”
Nace a Fundación VAC-AN co obxectivo de recoller o legado do artista José Vázquez Cereijo
José Vázquez Cereijo foi pintor, coleccionista, gravador… Sobriño de Luís Pimentel, tamén fixo incursións na poesía. Logo do seu falecemento no 2016, Anne Nikitik, a súa viúva, propúxose recompilar toda a súa obra e froito deste traballo nace agora a Fundación VAC-AN (Vázquez Cereijo – Anne Nikitik).
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- 565
- Seguinte ›