Videos

O deseñador Pepe Barro expón os seus cadernos

Pepe Barro conmemora os seus 50 anos como deseñador mostrando en público 66 dos seus cadernos de bocexos. Unha oportunidade de descubrir o proceso de traballo de Barro para crear a identidade gráfica de institucións, xornais, equipos deportivos ou produtos alimentarios. A mostra ‘A cociña de Barro. Cadernos de deseño’ pode visitarse na Fundación Didac de Santiago ata o 22 de decembro. 

“Run Baby Run”, con Fátima Delgado e Jana Pacheco

O Centro Dramático Galego estrea “Run Baby Run” no Salón Teatro de Compostela os días 6, 7 e 8 de outubro. Falamos con Fátima Delgado e Jana Pacheco, autora e directora da obra.

Diario Cultural das 10:30

Diario Cultural das 10:30

Programa especial desde o OUFF

Programa especial dedicado ao Ourense Film Festival desde o centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Con Enrique Otero e Javier Gutiérrez, director e protagonista da película ‘Honeymoon’, que forma parte da sección oficial do festival e de Panorama Galicia; a cineasta mexicana Lila Avilés, directora de ‘Tótem’, outro dos filmes da sección oficial do OUFF e o director do festival, Miguel Anxo Fernández.

Tamén conversamos con Marisa Paredes e Chema Prado, a conta da exposición fotográfica ‘Series’, coa coordinadora da sección OUFF en curto, Laura Guizán e o cineasta Santos Díaz, un dos participantes. 

Diario Cultural das 10:30

Diario Cultural das 10:30

Un paseo polas gárgolas de Compostela

O xornalista Benxamín Vázquez acompáñaos nun paseo por Santiago buscando gárgolas, eses desaugadoiros dos edificios que ás veces adoptan formas curiosas, monstruosas ou arrepiantes. Vázquez asina a guía trilingüe Gárgolas de Compostela co fotógrafo Xaime Cortizo. Unha publicación de Alvarellos promovida polo Consorcio de Santiago.

 

 

Pin It on Pinterest