Videos
Celebramos o Día das Escritoras coas Comadres das Letras
No Día das Escritoras falamos da escrita como ferramenta de expresión, comunicación, sororidade e autocoidado. Conversamos coa matrona Marta Conde e a docente Eva Teixeiro, que forman parte do colectivo ‘Comadres das Letras’, un grupo de mulleres que escriben que xa publicou o volume ‘Contármonos’.
Diario Cultural das 17:30
Diario Cultural das 17:30
XVII Premios Luís Ksado no Museo do Pobo Galego
O Museo do Pobo Galego exhibe ata o vindeiro 4 de novembro as fotografías gañadoras e as finalistas do 17º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, convocado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. Falamos con Fuco Reyes, gañador coa súa serie “O espello de Claude”; e co comisario do certame, Xurxo Lobato.
Diario Cultural das 17:30
Diario Cultural das 17:30
Redrum Teatro estrea “O pequeno poni” en Carballo
Unha historia arredor da discriminación e o acoso escolar. Redrum Teatro estrea hoxe no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo a obra “O pequeno poni”, dirixida por Paco Becerra e protagonizada por Laura Míguez e Guillermo Carbajo.
XVI Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)
O FITO pon o acento nas compañías emerxentes. Dezaseis propostas escénicas na décimo-sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Entre os días 12 ao 22 de outubro, terá como escenarios principais o Teatro Principal, as rúas da Cidade e o Liceo Recreo Ourensán.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- 565
- Seguinte ›