Videos

“Ultraluz”, entre as librarías e os escenarios

Chega a librarías a versión estendida de “Ultraluz” escrita por Ledicia Costas e editada por Edicións Xerais. Galardonada co Premio Afundación de Poesía, o 20 de outubro chega tamén aos escenarios na Cidade da Cultura, coa música de Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.

‘Vacaloura’, o primeiro disco de Zeltia Irevire

Zeltia Acuña e Migui Carballido forman Zeltia Irevire con Cibrán Seixo. Despois duns cantos anos tocando en todo tipo de escenarios o grupo publica o seu primeiro álbum, ‘Vacaloura’, que recolle o seu repertorio acústico pero amosa tamén a curiosidade por outros sons. Un disco sintonizado coa natureza, poboado por lobas, cervos, o espírito do bosque e o vento nordés.

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

“Barqueiros de Ribadavia”, de Fuxan os Ventos e Milladoiro

Falamos con Tareixa Novo (Fuxan os Ventos) e Pepe Ferreirós (Milladoiro) sobre o esperado alalá “Barqueiros de Ribadavia.

Diario Cultural das 20:45

Diario Cultural das 20:45

Vertixe 11 volve abrir unha fiestra á creación musical contemporánea

A undécima edición do Festival de Creación Musical Contemporánea impulsado polo colectivo Vertixe Sonora desenvólvese ata o 19 de novembro. Concertos, relatorios e charlas en Vigo, Santiago e Pontevedra das que falamos co director artístico de Vertixe 11, Pablo Coello, e cun dos programadores, David Durán. Unha das estreas que ofrece o festival é a ópera ‘Un riso para chorar’, do portugués Miguel Azguime, que chegará á Cidade da Cultura o domingo 29 de outubro. 

No transcurso do festival presentarase o repositorio ‘Vertixe Dixital’, que recollerá os 12 anos de traballo de Vertixe Sonora.

Arranca o VI INTERSECCIÓN na Coruña

Arranca o VI INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña. As propostas, cun forte compoñente artístico, poden visitarse do 17 ao 22 de outubro. Falamos co seu director, Gonzalo E. Veloso.

Pin It on Pinterest