Videos

As mulleres do Seminario de Estudos Galegos

Nunha histórica xuntanza celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño acordouse a creación do Seminario de Estudos Galegos no que axiña se integraron moitos dos intelectuais galeguistas que se movían arredor da revista NósAgora,  entre os actos da celeración do centenario, unha exposición achéganos unha perspectiva diferente daquela institución cultural.

‘O home e o can’ chega a 22 salas de cine galegas

As actrices Paula Chaves e Estíbaliz Espinosa son dúas das protagonistas da película ‘O home e o can’, dirixida por Ángel de la Cruz, que hoxe chega aos cines. Unha película sobre os coidados e a soidade dos maiores encarnada na figura de Manuel, un ancián ao que só lle queda o seu can, interpretado por Manuel Manquiña.

‘O home e o can’, rodada en branco e negro e con referencias a filmes do neorrealismo italiano, aos contos de Nadal de Frank Capra ou a ‘Matar un reiseñor’, proxéctase hoxe en salas das sete principais cidades galegas e tamén en Narón, Carballo, Vilagarcía, A Estrada, Caldas, Leiro, Verín, Xinzo e Viveiro.

Caamaño&Ameixeiras preséntannos “Quitar o aire”

Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras visitan ós estudos do Diario Cultural para presentar o seu último traballo: “Quitar o aire”.

Terceira Edición da Porto Design Biennale

Terceira Edición da Porto Design Biennale, o maior evento bienal de deseño da Península Ibérica.
Galicia, rexión convidada de España nesta edición. Falamos con David Barro, comisario do certame.

Os nomes propios, na VIII Xornada de Onomástica

A VIII Xornada de Onomástica aborda a importancia dos nomes de lugar e de persoa na nosa literatura popular. Conversamos con Luz Méndez, unha das coordinadoras do encontro, e coa antropóloga Elena Freire Paz, que será unha das relatoras desta edición. O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega organiza a Xornada, que se desenvolverá no Museo de Pontevedra o sábado 21 de outubro. O encontro poderá seguirse tamén a través da web academia.gal

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

Pin It on Pinterest