Videos

Remata o Festival Ateneo Barroco 2023

Última oportunidade para asistir ó V Festival Ateneo Barroco. Remata hoxe co concerto “Biber, as Sonatas do Rosario”, interpretado por Lina Tur Bonet e o seu conxunto Música Achemica. Falamos co responsable da dirección artística do festival, José Víctor Carou.

Diario Cultural das 19:45

Diario Cultural das 19:45

Xosé Manuel Soutullo, novo director xeral da editorial Galaxia

Conversamos co editor Xosé Manuel Soutullo, que acaba de asumir a dirección xeral da editorial Galaxia, vacante trala dimisión de Francisco Castro o 18 de setembro. Soutullo estivo vinculado profesionalmente á editora durante máis de 40 anos, nos que asumiu diferentes cargos, e quere ser un director xeral “de equipos”. Sinala como primeiro grande obxectivo da súa xeira na dirección xeral o 75 aniversario da editora, no ano 2025.

 

Semana de Cine Euroárabe AMAL 2023

“Queremos trasladar unha visión obxectiva do que acontece en Palestina”. Este luns arrancou a Semana de Cine Euroárabe Amal 2023 co foco no conflito entre Israel e Hamás. No Teatro Principal de Compostela. Falamos co director Ghaleb Jaber.

Exposición “Un rastro de furia e algas”

A mostra agrupa a artistas ‘millenial’ de Galicia e do norte de Portugal para explorar como a “ansiedade climática” está a calar nas súas investigacións. Falamos con Sergio Meijide, un dos comisarios da exposición.

As novas voces da poesía falada no festival ‘Luz Poética’

Santiago de Compostela acolle durante toda a semana a segunda edición do festival de poesía nova ‘Luz Poética’, que integra recitais, presentacións, coloquios e, sobre todo, formatos popularizados nos últimos anos como slams, micros abertos e impros. Debullamos a programación con Yamini Prabhu Barretto, que participará recitando poesía en galego e hindi, e conversamos sobre a potencia da palabra falada con Lúa Mosquetera, unha das poetas participantes no recital que pechará ‘Luz Poética’ o domingo 29 de outubro no Teatro Principal. 

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

Pin It on Pinterest