Diario Cultural das 19:45
Diario Cultural das 19:45 horas
Diario Cultural das 19:45 horas
Escoitamos o novo álbum do grupo de Muros co seu cantante, Miguel Cernadas. Oito temas nos que regresan ao son directo, máis cru, e que presentarán ao vivo o 8 de decembro na sala Malatesta de Santiago.
Diario Cultural das 17:30
Toponimízate celebra a súa sexta edición co obxectivo de recuperar os topónimos que dan nome ós territorios de Galicia. Detrás está a plataforma Galicia Nomeada, cuxo coordinador técnico é Vicente Feijóo e na que colabora Nicanor Palomares.
“Foi unha revelación coñecer a música de Fran e coñecelo a el”. Pilo Sierra lidera o proxecto musical Satélite Salitre, gañador da décimoquinta edición do Concurso Fran Pérez “Narf”.
Diario Cultural das 19:45 horas
Carmiña Sierra Domínguez foi a primeira muller admitida no Seminario de Estudos Galegos. Nada en Pontecesures en 1906, obtivo unha cátedra de Literatura Española, foi militante comunista e rexentou unha granxa . Durante o franquismo sufriu cárcere e tivo que exiliarse en Venezuela.
Nesta biografía publicada pola editorial Alvarellos Aurora Marco percorre unha vida fascinante, que a relaciona mesmo coa Operación Termópilas, un plan para matar a Franco.
Ignacio Vilar e Manolo González divulgan por toda Galicia a figura do cineasta pioneiro José Gil. Hoxe están no Grove. Falamos con eles