VII Ffoco
As fronteiras protagonizan a sétima edición de Ffoco, o festival de fotografía da Coruña amplía espazos e formatos.
As fronteiras protagonizan a sétima edición de Ffoco, o festival de fotografía da Coruña amplía espazos e formatos.
Diario Cultural das 19:45 horas
Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aquí do acordeonista Dider Laloy e o violinista Damien Chierici, cos que transforma musicalmente pezas inspiradas na tradición galega.
Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores.
“O uso que imos ver da intelixencia artificial nos vindeiros anos vai vir definido pola regulación e a lexislación” . A Intelixencia Artificial centra I Foro da Industria Galega do Audiovisual que comeza na cidade da Coruña.
Diario Cultural das 19:45 horas
A Real Academia Galega promove esta serie web documental dedicada ás mulleres das Irmandades da Fala. Micaela Chao Maciñeira, Elvira Bao, María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jeán e Emilia Docet son as protagonistas dos catro capítulos de ‘Irmás na Fala’, que se irán estreando cada venres de novembro nas canles dixitais da RAG. Ana Viqueira é a guionista da serie, conducida por Rosalía Fernández Rial e na que participan historiadoras, filólogos e académicas.
Diario Cultural das 17:30
Como cada outono, o Cineuropa de Compostela enche a cidade de citas de película. Non só se trata da proxección de 115 filmes, senón de numerosas actividades paralelas, concertos, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema.
Ademais, Cineuropa premia este ano as traxectorias de Luis Zahera, Ana Torrent e Joâo Canijo. Falamos co director do festival , José Luis Sosa.