Diario Cultural das 17:30
Na exploración do Museo Online de Cine Autobiográfico e na escoita do folk que nos trae Emilio Españadero.
Na exploración do Museo Online de Cine Autobiográfico e na escoita do folk que nos trae Emilio Españadero.
A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza un ciclo de conferencias sobre arquitectura e saúde, chamado “A Casa Invisible”, que se celebra os martes 7 e 21 de setembro e o 5 e 19 de outubro, ás 19:30 horas no salón de actos do Museo das Peregrinacións de Santiago. Comisariado polos arquitectos Alberto Quintáns e Cristina Ansede, o ciclo conta coa colaboración da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC) e o Clúster da Saúde de Galicia. Falamos, precisamente, con Cristina Ansede.
Neuroarquitectura nas xornadas “A Casa Invisible” e galegos en Venecia.
Hoxe estréase no Colexio de Fonseca en Compostela ‘O soño musical dos mapas celestes’, unha peza teatral promovida polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías que poderemos ver dende hoxe ata o 10 de setembro.
Están cos últimos preparativos e ensaios, e por alí pasou o compañeiro Vituco Neira para falar cos protagonistas da obra.
O soño musical dos mapas celestes. Armando Requeixo recomenda ‘A conxura’.
Co avance do proceso de vacinación, algúns espazos culturais pechados durante 18 meses volven reencontrarse co público. Os multicines Norte de Vigo e os Compostela de Santiago retoman as proxeccións este mércores; a sala Karma de Pontevedra recuperou a programación de concertos a finais do mes de agosto.
Abrimos tempada coas reaperturas de cines, coma os Norte, en Vigo, e de salas como a da Karma, en Pontevedra.
Falamos co escritor Ismael Ramos e do seu último poemario: “Lixeiro”
Folleando o poemario “Lixeiro” co seu autor, Ismael Ramos, e preparándonos para a nova edición do FETEGA, O Festival de Teatro Galego do Carballiño, co seu director, Carlos Ledo.
Con Vituco Neira co Coro Encaixe no Parque de Belvís en Compostela, repasando a edición deste ano 2021 do Festival de Cans n’O Porriño e coa música clásica que nos trae Luís Miguel Crespo.