‘Manuela Rey is in da house’
O Centro Dramático Galego estrea no Festival de Teatro de Viana do Castelo “Manuela Rey is in da house”. A obra recupera a figura da actriz de orixe galega que triunfou en Lisboa no século XIX.
O Centro Dramático Galego estrea no Festival de Teatro de Viana do Castelo “Manuela Rey is in da house”. A obra recupera a figura da actriz de orixe galega que triunfou en Lisboa no século XIX.
Diario Cultural das 19:45
Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo.
Gozar do jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butacas de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela.
Diario Cultural das 10:30
“Foi un desafío enfrontar unha temática que sempre está moi vinculada co confesional”. A escritora Oriana Méndez publica Chairas. Sucesións, unha historia de dous que se amplifica no pensamento poético de quen escribe.
Diario Cultural das 19:45 horas
A Asociación Cultural Senunpeso, artífice de, entre outros, o Laboratorio Audiovisual de Vedra, resultou gañadora do XII Premio José Sellier. Falamos con Moisés Álvarez, membro da última directiva da asociación, xa disolta.
Diario Cultural das 10:30