Videos

Zeta | Episodio 39

Presentación da Segunda temporada do Diario Cultural Zeta. Presentado por Lucía Junquera e coas voces de Silvia López e Érika Martínez. Coas colaboracións de Brais Romero, Sara Donoso, Cibrán Tenreiro, Ana Abad e Tamara Andrés.

A cultura da xeración zeta ten o seu espazo e altofalante na Radio Galega a través deste Diario Cultural Zeta.

O festival Revenidas volve a Vilaxoán

Vituco Neira conversa con Xoán Quintáns, director de Revenidas, sobre o pasado, presente e futuro deste festival que aposta pola música do país. 

Comeza a quinta edición da Selic

Este venres, 10 de setembro, comeza a quinta edición da Selic, a Semana do Libro de Compostela, un festival da lectura no medio dunha pandemia. Ata o domingo 19 a rúa do Vilar, na súa desembocadura na praza de Praterías, a Selic será o punto de encontro para as lectoras e lectores da cidade. Trátase de compartir lecturas, de conversar e profundar no que se le; xa que ler segue sendo o principal comportamento cultural da humanidade.

Oito anos de Interplay en Carballo

Vituco Neira conversa con algúns dos creadores e creadoras que participan na oitava edición do 
Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais que recolle as novas linguaxes que se difunden a través da rede.

Celebramos os 25 anos dos Premios María Casares

Despois dunha difícil época, o teatro galego reúnese para celebrar a 25ª edición dos Premios María Casares. No Diario Cultural falamos con Xosé Barato, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e máis con Paula Carballeira, que será unha das encargadas de conducir a gala.

Pin It on Pinterest