Videos

Os peregrinos musicais chegan a Compostela

O festival Peregrinos Musicais está a desenvolverse estes días e programa quince concertos en sete localidades, extendéndose un pouquiño nesta undécima edición. Ademais, é a primeira vez que escollen aos sete novos valores europeos participantes a través dun proceso en liña. Adaptándose aos tempos. O compañeiro Vituco Neira estivo na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago e falou con Ilona Timchenko, fundadora do festival, e co xoven organista alemán Bastian Uhlig. 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Unha nova edición dos ‘Peregrinos Musicais’ chega a Compostela. Armando Requeixo recomenda ‘Trávelin’ de Antonio Piñeiro.

Unha nova ‘Longa noite de pedra’

Edicións Xerais reedita este poemario clásico de Celso Emilio Ferreiro, publicado orixinalmente en 1962. Un estudo introdutorio de Ramón Nicolás achega o contexto do libro máis emblemático da lírica galega da posguerra.

Diario Cultural das 17:30

Falamos con Ramón Nicolás, autor do estudo introdutorio da nova reedición de Longa noite de pedra e visitamos o CGAC da man da nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento.

Empeza a IV Semana do Patrimonio Invisible de Compostela

O evento vai decorrer do 13 ao 17 de setembro en escenarios coma o Colexio de Fonseca, o Seminario Menor da Asunción ou o Pazo de Vaamonde, sede do Consorcio de Santiago. No Diario Cultural falamos con César Abella.

Diario Cultural das 14:45

Na IV Semana do Patrimonio Invisible de Compostela e na XV Bienal Internacional Pintor Laxeiro. No Museo Ramón Mª Aller de Lalín.

‘Vivas’: a violencia de xénero entre realidade e ficción

Vivas. As 8 mulleres protagonistas da longametraxe de Rubén Riós están vivas, e nesa vida hai medos, dificultades, terror, supervivencia… e tamén alegrías e superación. 8 mulleres, víctimas de violencia de xénero, que non quixeron que as súas historias foses un número máis dunha estatísticas e por iso queren contalas.

‘Vivas’ é o novo proxecto audiovisual do actor e director Rubén Riós, que combina realidade e ficción para falarnos desas outras pandemias: a da violencia contra as mulleres e a da soidade non desexada.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

RRubén Riós presenta ‘Vivas’, un audiovisual sobre a violencia de Xénero. O grupo ‘Mudland’ presenta o seu primeiro disco, ‘Meraki’.

O universo visual de Marta Valverde

Marta Valverde (Nigrán, 1994) desenvolve o seu traballo no audiovisual e a fotografía desde a experimentación e a hibridación de formas. Marta é claramente unha das cineastas emerxentes que máis están a destacar actualmente en Galicia.

Sobre a súa traxectoria, o seu modo de ver e de crear, e a súa curta ‘Blanco y fucsia’, falamos con ela e co noso colaborador Brais Romero.

Zeta | Episodio 40

Entrevista: Miguel Abad e Ricardo de Konta, recén graduados en Comunicación Audiovisual, que triunfan cos seus respectivos proxectos.

Na colaboración de Brais Romero conversamos con Marta Valverde sobre o seu universo visual.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, a nosa compañeira Silvia López descóbrenos que facía durante a súa mocidade o editor Quique Alvarellos.

Pin It on Pinterest