Diario Cultural das 17:30
Revivindo a Walt Whitman, repasando as lecturas do instituto e coa música folk que pica para nós Emilio Españadero.
Revivindo a Walt Whitman, repasando as lecturas do instituto e coa música folk que pica para nós Emilio Españadero.
A cuarta edición do festival Alguén que respira! 2021 reúne hoxe martes no Teatro Principal de Compostela a Olga Novo, Chus Pato, Eva Veiga, Luz Fandiño, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Andrea Nunes, Luz Pichel, Alba Cid e Miriam Ferradáns.
Con Aldaolado e no Alguén que respira!
‘Memorias en conserva’ é un traballo documental sobre a industria da conserva na Illa de Arousa. Aínda que máis ben é un documental sobre as mulleres da conserva e a súa memoria. Os recordos de mulleres, que sendo nenas, comezaron a traballar nas fábricas da illa para ter un xornal que levar á casa.
‘Memorias en conserva’ é o traballo de recuperación de numerosos testemuños, como os que fomos escoitando; dun tempo que parece moi, moi pasado, pero que non o é tanto. Falamos co seu director, Marcos Martínez.
‘Memorias en conserva’, o documental de Marcos Martínez sobre as conserveiras da Arousa. Armando Requeixo recomenda ‘Algúns contos completos’ de Domingo Villar.
O Teatro Municipal de Tui acolleu hoxe a presentación da sétima edición de Play-Doc que se vai celebrar na cidade do 22 o 26 de setembro.
Falamos co codirector do festival, Ángel Sánchez, que nos conta todas as novidades que trae esta nova edición, con gran presencia galega, actuacións musicais, vertente dixital e mesmo un roteiro polo centro histórico de Tui.
Diario Cineasta! Co Festival Play-Doc e coa Semana do Cine de Lugo.
Os primeiros ‘Cinepoemas’ foron publicados en 1983, ampliados no 2016, e agora revisitados nunha edición especial para a Semana de Cine de Lugo.
Os ‘Cinepoemas’ de Claudio Rodríguez Fer son un percorrido polas obras mestras, polos imprescindibles da sétima arte, e tamén polas sorpresas que nos deparan as salas de cine.
135 filmes en 5 días. Ese é o reto que nos presenta a Semana do Cine de Lugo nesta presente edición, con varios focos e homenaxes. Homenaxe a Berlanga, ao Camiño de Santiago, a Emilia Pardo Bazán, aos profesionais da saúde e a Luis Iglesia. O cine ten moito tempo que recuperar e en Lugo non perderon o tempo.