Videos

O universo fotográfico de Ariadna Silva

Ariadna Silva (A Estrada, 1996) é un dos grandes talentos da fotografía galega contemporánea. Os seus traballos sobre a paisaxe galega foron amplamente recoñecidos. Con ela falamos do seu traballo fotográfico e as súas incursións no audiovisual con ‘O intruso’.

Zeta | Episodio 43

A fotógrafa Ariadna Silva. Colaboración de Ana Abad con Producións de dousdedais.

Verto despídense… polo momento

 

Vituco Neira conversa co dúo de pop electrónico compostelán antes da súa despedida temporal dos escenarios. Verto actúan esta fin de semana no festival Mar de Santiago e no Osa do Mar de Burela

 

Diario Cultural das 17:30

Despedindo ós Verto e coa vista na película “Negro Púrpura”, que nos trae Beli Martínez.

Máis de vinte creadoras reúnense en Santiago para reivindicar o dereito á igualdade cultural

O encontro terá lugar os días 24 e 25 de setembro na Facultade de Ciencas da Comunicación baixo o título “A igualdade cultural (tamén) é un dereito: feminismos e creacióncontemporánea na Galiza“. Participarán creadoras galegas de distintas disciplinas artísticas e será a primeira das catro xornadas do programa “A Cultura é un Dereito”, que organiza a Deputación da Coruña coa mirada posta no desafío de construír o novo modelo cultural post-pandemia.

Alfonso Zarauza sobre a ‘Malencolía’

Comeza o OUFF e hoxe Afonso Zarauza estrea a TV movie Malencolía coproducida por TVG.

Os documentais volven a Tui

Vituco Neira informa desde Tui da programación do Play-Doc na súa 17ª edición.
O festival de documentais inclúe ata o 26 de setembro estreas mundiais, filmes recuperados
e a última colleita galega de filmes de non ficción

Pin It on Pinterest