Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘A outra metade. A muller na historia do deseño’ na Fundación Didac. Armando Requeixo recomenda ‘Medos’ de Héctor Carré.

Especial Diario Cultural no OUFF

O Diario Cultural na Tarde de hoxe toma a hora enteira e fai un programa especial dende o Ourense Film Festival, onde Belén Regueira e Vituco Neira conversan con Xosé Manuel Rodríguez González, comisario da exposición “Antencióooon. Rodamos en Ourense!!”; co director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández; coa presentadora do estudo sobre mulleres no audiovisual de CIMA, Mariana Carballal; con Alfonso Blanco, de Portocabo, premio Ourense neste festival; con Iván Trujillo, presidente do xurado; con Andrea, unha das voluntarias que colaboran neste OUFF; con Nicolás Echevarría, dos obradoiros de Carlos Velo; con Paulino Pérez, coordinador do Fas Muvis, e coa integrante do xurado, Manane Rodríguez.

 

 

 

Lara Dopazo Ruibal leva a Antonia Pozzi de novo ás librarías galegas

Lume branco‘ escolma os poemas dos últimos anos de vida de Antonia Pozzi, escritos entre os anos 1935 e 1938. Unha poesía que dá conta da súa intelixencia, a súa sensibilidade e a súa bagaxe intelectual. Uns poemas poboados de natureza e montaña, de soidade e morte, nos que tamén destaca a súa fonda preocupación pola crise social e política que vivían Italia e mais o resto de Europa no período de entreguerras. A tradutora ó galego destes poemas é Lara Dopazo, que nos visita e mesmo le algunha desas pezas.

Diario Cultural das 14:45

Nas Xornadas do Museo Carlos Maside e nos poemas de Antonia Pozzi que traduce ó galego Lara Dopazo.

‘Fíxose a luz’ co Cuarteto Quiroga

A luz como guía e como revelación está condensada neste traballo do Cuarteto Quiroga, ‘Und es ward Licht!’ (‘E fíxose a luz!’). Dous cuartetos de Haydn e dous de Mozart para render homenaxe ao cuarteto de corda como agrupación, como xénero e como maneira de facer e sentir a música.

O Cuarteto Quiroga, Premio Nacional de Música no 2018, está formado por Aitor Hevia e Cibrán Sierra aos violíns, Josep Puchades na viola e Helena Poggio ao violoncello. Neste Diario Cultural falamos con Sierra, o violinista ourensán. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O Cuarteto Quiroga presenta ‘Und es ward Licht!’. Luis Miguel Crespo presenta a nova tempada da RFG e da OSG.

Os libros de Iria Misa

Tamara Andrés preséntanos o universo literario de Iria Misa, docente de secundaria e autora de Literatura Infantil e Xuvenil. 

Se xa a coñeciamos como ganadora do premio Jules Verne, hoxe conversamos con ela sobre a súa última novela, A cidade do átomo, que acadou o IV Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade e se publicou, con ilustracións de Sonia Díaz, na colección Merlín de Edicións Xerais. 

Manuel Lorenzo, o futuro do violoncello

Manuel Lorenzo é, aos seus 20 e poucos anos, o futuro do violoncello en Galicia. A carreira musical, tan sacrificada, levouno desde o Conservatorio de Santiago ata o de Maastricht, nos Países Baixos, onde compaxina os estudos coa interpretación na Orquestra Xoven da Cidade. 

No Diario Cultural Zeta coñecemos mellor a este novo talento. 

Zeta | Episodio 44

Manuel Lorenzo, o futuro do violoncello. Tamara Andrés preséntanos a obra de Iria Misa.

Coñecemos a Chelo e Judith de Producións de dousdedais

Producións de dous dedais é unha compañía emerxente galega de artes escénicas creada este ano polas actrices Judith Ortigueira e Chelo Todeschini. As liñas de acción da compañía, actuais e de cara ao futuro, céntranse nun teatro cun forte compoñente social e na hibridación de xéneros, a partir de seguir apostando pola colaboración con outras disciplinas artísticas, como a música e a ilustración.

Coñecemos máis sobre elas con Ana Abad de Larriva. 

Pin It on Pinterest