Videos

O Congreso Internacional Fugas e Interferencias celebra a súa 5ª edición

O congreso académico internacional de arte performativa encara unha quinta edición da que nos veu falar ó Diario Cultural o seu director, Carlos Tejo Veloso.

Mulleres e videoxogos

Xogadoras, streamers e creadoras de videoxogos participan na terceira edición do seminario internacional ‘Mulleres e videoxogos‘, organizado pola Universidade da Coruña e a entidade Women in Games. De todo isto falamos con Teresa Piñeiro, responsable do Centro de Estudos Feministas da UDC, e con Mariña Vieira, gamer.

Diario Cultural das 17:30

Mulleres no mundo gamer e unha nova dose de banda deseñada a cargo de Carlos Portela.

Quinta edición do Galician Freaky Film Festival

O evento de cinema e cultura freak de Vigo celebra a súa quinta edición xa cunha programación que inicia hoxe no auditorio do concello coa proxección do filme “Häxan”, do director Benjamin Christensen, que fai 99 anos desde a súa estrea. O director do Festival, Juan de Castro, visitou hoxe o Diario Cultural para falarnos de todo o que trae esta nova edición que se vai estender a´te o vindeiro sábado 2.

Diario Cultural das 14:45

Diario de festivais co Galicia Freaky Film Festival en Vigo e o Vilablues Fest de Noia.

‘O cemiterio de barcos’, o lugar onde se esconden o amor e a memoria

David é un mozo adolescente que, coma tódolos veráns, ten que ir pasar un tempo á vila natal de seu pai. Ese verán non lle apetece nadiña, pero acaba alí, na casa de sempre, na praia de sempre, no “cemiterio de barcos” de sempre… E ese verán coñece a Lucía, coñece a un home misterioso, e coñece parte da historia da vila e da nosa historia como país.

‘O cemiterio de barcos’ é a última novela de Francisco Castro, director xeral de Galaxia, publicada na colección Costa Oeste.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘O cemiterio de barcos’, o último de Francisco Castro en Galaxia. Entrega dos Premios Nacionais de Cultura do 18/19 con Ana Romaní e Anxo Quintela entre os galardoados.

Un éxito literario de boca a orella

Falamos con María Rei Vilas, que en 2020 gañou o premio García Barros con ‘Flores de ferro‘, publicada pola editorial Galaxia. Unha novela de lectura adictiva sobre os silencios da guerra civil que libreiros como Antón Pedreira seguen recomendando de maneira entusiasta. 

“Percorrer o tempo” na fotografía

Na exposición “Percorrer o tempo“, contedores convertidos en salas de proxeccións amosan o camiño.  A exposición acerca diversas perspectivas das rutas xacobeas a través da visión de 10 artistas do campo visual e audiovisual, tanto emerxentes como consolidados, dos que nos fala o artista e comisario da mostra Nicolás Combarro.

‘A outra metade’: as deseñadoras ocupan o seu lugar na historia

‘A outra metade’ é un percorrido pola historia do deseño a nivel internacional, que buscar encher os ocos da metade silenciada, esquecida e mesmo borrada dos libros. Esa outra metade contribuíu de igual maneira aos avances e á innovación no deseño, desde as pioneiras da Bauhaus ata a máis recente creación galega. Máis de 100 deseñadoras nos últimos 100 anos.

‘A outra metade. A muller na historia do deseño’ é unha mostra que poderá verse na Fundación Didac ata o 24 de outubro, e está comisariada por David Barro.

 

Pin It on Pinterest